domingo, 15 de junio de 2025

O PREZO de ESTAR á MODA (EsdeLibro)

 

Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio Rapeira.

Davinia Outón, a nosa PT e encargada do comedor, faloulles dos trastornos alimenticios na adolescencia e Carlos Castro, profe de Bioloxía, explicoulles canto contamina a industria téxtil e qué podemos facer para contrarrestalo! 

lunes, 5 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE RAP

 

 

Os alumnos de 3º ESO asistiron a un obradoiro de rap do máis creativo.

A partires dunhas verbas aleatorias aprenderon a compoñer as súas propias estrofas!

Cando estean preparados poderemos grabalos na Radio Rapeira! 

 

 

lunes, 28 de abril de 2025

CLUB de MANGA

 

Os alumnos de 1º e 2º ESO do Club de Lectura de Manga estiveron moitos recreos de comedor grabando podcast na Radio Rapeira.

Neles comparaban os mangas antigos cos novos, falaban de novidades, decidían cales mangas merecerían un anime e viceversa... 

viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

 

Os alumnos de Reap de 2º ESO fixeron unhas grabacións na Radio Rapeira para festexar o Día da Poesía e o Día das letras Galegas.

A verdade é que teñen moita enerxía e pouca organización, pero a experiencia foi moi divertida e ata acabaron cantando!

lunes, 28 de octubre de 2024

SAMAÍN 2024

 

Os alumnos de 1º ESO do Club de Lectura grabaron uns podcasts en Galego e Inglés na Radio Rapeira co gallo do Samaín.

En Galego contaron a historia dunha biblioteca abandonada e en inglés unha versión corta de obras de Edgard Allan Poe. 

lunes, 3 de junio de 2024

OBRADOIRO DE RADIO

Este curso Charo Pita veu ao noso cole a facer un contacontos bilingüe moi divertido e a darnos un obradoiro sobre narración oral e teatro lido.

Os alumnos afortunados foron os de 5º de Primaria que o pasaron de medo na nosa biblio e aprenderon moitísimo!






jueves, 16 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas 2024, o profe Anxo, de 6º de primaria, gravou cos alumnos un marabilloso podcast sobre Luisa Villalta no que se atreveron ata a tocar instrumentos musicais!

Lembrade que podedes escoitar toas as gravacións dende o botón "podcasts" (á dereita), na páxina web do cole e se nos segues en Ivoox!





O PREZO de ESTAR á MODA (EsdeLibro)

  Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio...