viernes, 21 de junio de 2019

CARTEIS POLO CENTRO

Colocamos estes carteis por todo o centro para que toda a comunidade poida escoitar os nosos primeiros experimentos na radio da biblio!!!

jueves, 20 de junio de 2019

TU CARA ME SUENA: MECANO

As rapazas de 1ºESO que fixeron de Mecano no festival tamén quixeron deixar aquí as súas impresións do concurso!


miércoles, 19 de junio de 2019

A MÚSICA DO S.XX (PLAMBE)

Este curso o tema principal do noso proxecto para o Plan de Mellora das Bibliotecas foi "A Música do s.XX"
Fixemos moitísimas actividades: taboleiros con debuxos de rockeiros, vídeos musicais, traballos de investigación, estudo e imitación dos logos máis famosos, disfraces... pero unha das cousas que máis chamou a atención foi o festival de imitación de grupos musicais desa época ao estilo "Tu cara me suena".
A verdade é que a preparación foi moi intensa e houbo moitísima participación... amosando que temos entre nós uns verdadeiros artistas!

O xurado o tivo ben difícil para elixir ais gañadores, pois o nivel foi altísimo tanto de vestiario maquillaxe, movementos, sincronización...
Polo que é moi probable que o repitamos outros anos!

Aquí deixamos un programa especial que resume un pouco este festival... esperamos que vos guste:

viernes, 14 de junio de 2019

O PARKOUR

O Parkour é un deporte de orixe francesa no que se empregan acrobacias para superar os obstáculos que se van atopando no camiño.
Está moi de moda, tamén aquí na contorna, e por iso algúns dos alumnos de 1º da ESO queren falarnos do tema neste podcast!

lunes, 10 de junio de 2019

PROGRAMA MAÑANEIRO DE 3º EP


Os alumnos de 3º de Primaria, coordinados polo seu profe Johnny, foron quen de facer un programa mañaneiro de Radio Rapeira...
Ten de todo! chistes, santoral o tempo...
O fixeron de maravilla! esperamos que vos guste!!!

lunes, 3 de junio de 2019

INDICATIVOS "Radio Rapeira"


Os rapaces de 1º e de 3º da ESO grabaron varias versións dos indicativos da nosa radio:

Radio Rapeira... aquí fala calquera
Radio Rapeira... a escoita quen queira
Radio Rapeira... onde sempre hai feira

Moitas grazas a Óscar (que foi o director) e a Víctor, Lorena, Alexia, Alberto, Blanca, Nayara e Nerea que foron as voces protagonistas.

Esperamos novas ideas para seguir grabando!!!

OBRADOIRO DA RADIO DA BIBLIO

Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO g...