Este curso o tema principal do noso proxecto para o Plan de Mellora das Bibliotecas foi "A Música do s.XX"
Fixemos moitísimas actividades: taboleiros con debuxos de rockeiros, vídeos musicais, traballos de investigación, estudo e imitación dos logos máis famosos, disfraces... pero unha das cousas que máis chamou a atención foi o festival de imitación de grupos musicais desa época ao estilo "Tu cara me suena".
A verdade é que a preparación foi moi intensa e houbo moitísima participación... amosando que temos entre nós uns verdadeiros artistas!
O xurado o tivo ben difícil para elixir ais gañadores, pois o nivel foi altísimo tanto de vestiario maquillaxe, movementos, sincronización...
Polo que é moi probable que o repitamos outros anos!
Aquí deixamos un programa especial que resume un pouco este festival... esperamos que vos guste:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O PREZO de ESTAR á MODA (EsdeLibro)
Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio...
-
Os alumnos de 3º ESO asistiron a un obradoiro de rap do máis creativo. A partires dunhas verbas aleatorias aprenderon a compoñer as súas...
-
Fixemos un obradoiro de radio para aprender os primeiros pasos con Laboratorio de Radio: Primeiro os alumnos de Primaria, despois os de...
-
Os alumnos de 3º de Primaria tiveron tamén a súa sesión de aprendizaxe no obradoiro co Laboratorio de Radio... o pasaron de medo e aprendero...
No hay comentarios:
Publicar un comentario