viernes, 31 de mayo de 2019

OS VIDEOXOGOS

Os alumnos de 3º da ESO, Alberto Caamaño e Óscar Martínez, grabaron o seu primeiro programa de radio falando dos videoxogos de Supercell, especialmente Clash of Clans, Clash Royale e Brawl Stars.

A verdade é que o fixeron de marabilla!!!

Aquí podedes escoitalos.

jueves, 30 de mayo de 2019

O NOSO 1º PROGRAMA DE RADIO

Gravamos un programa que xuntaba todos os audios do obradoiro, incluidos entrevistas a nais, o sonido do timbre do cole e os indicativos da nosa nova radio!
Esperamos que vos guste:

lunes, 27 de mayo de 2019

OBRADOIRO DE RADIO III

Tamén os profes participamos nun obradoiro de Laboratorio de Radio no que aprendimos as bases para sacar proveito á nosa radio...
A verdade é que o pasamos de marabilla descubrindo as moitísimas posibilidades que nos oferta.
Fixemos un guión, distribuímos os roles e actividades, cubrimos a escaleta, grabamos o programa... e ata fixemos entrevistas ás nais da contorna!!!

OBRADOIRO DE RADIO II

Os alumnos de 3º de Primaria tiveron tamén a súa sesión de aprendizaxe no obradoiro co Laboratorio de Radio... o pasaron de medo e aprenderon moitísimo!!


E. PRIMARIA:
Contos de 3º de E. P.

OBRADOIRO DE RADIO I


Fixemos un obradoiro de radio para aprender os primeiros pasos con Laboratorio de Radio:
Primeiro os alumnos de Primaria, despois os de Secundaria y finalmente os profes!

Os alumnos voluntarios fixeron primeiro uns exercicios de voz, despois elaboraron un guión (cos seus propios temas!) e finalmente grabaron os seus pequenos fragmentos... a verdade é que foron divertidísimos!!!


lunes, 6 de mayo de 2019

ESCALETA

Deseñamos unha escaleta personalizada para a nosa radio para poder deseñar un guión detallado de cada programa que queiramos realizar.
Deste xeito concretaremos a secuencia de accións, a inclusión de cortes, o texto de cada participante e o tempo aproximado!

OBRADOIRO DA RADIO DA BIBLIO

Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO g...