sábado, 30 de enero de 2021

POEMAS DA PAZ

A mellor clase de todo o cole, 3ºA, coa súa profe Patri leron uns fermosos poemas sobre a paz para festexar este 30 de Xaneiro!

Foron a grabalos á nosa radio co profe Johnny, por grupos e gardando as medidas de seguridade.

O resultado é realmente chulo!!!



MANIFESTO POLA PAZ

Os alumnos de 5º de E. Primaria do CPI Domingo Fontán quixeron celebrar o DÍA da PAZ 2021 elaborando un MANIFESTO.
Nel falan contra o acoso escolar, as inxustizas e os problemas das redes sociais. Recollen frases célebres de M. L. King ou Gandhi e declaran que o Día da Paz non debe limitarse a un só día ao ano!

Os marabillosos locutores Victoria, Raúl, Enola e Paula grabaron o manifesto na nosa Radio Rapeira co profe Johnny... Esperamos que vos guste o video:


viernes, 15 de enero de 2021

OBRADOIRO DA RADIO DA BIBLIO

Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO g...