viernes, 21 de mayo de 2021

Obradoiro Luis Losada nº3

Vimos de rematar o terceiro e derradeiro obradoiro de radio deste ano con Luis Losada, da Rede Espora.

A verdade é que volveu ser realmente interesante: propuxo aos alumnos de 4º da ESO 4 propostas:

1. Facer un podcast de diálogos teatralizados cos escritos de Estíbaliz Espinosa sobre Mulleres Científicas.

2. Escoitar un programa real da radio moi longo (20 min) e reducilo e adaptalo á radio escolar.

3. Facer unha creativa axenda cultural de Portas recomendano libros, videoxogos, series...

4. Traballar co libro que temos na BIBLIO Bonus Track, de Rosalía Fernández e a letra da canción Só Tambor de Narf.

Pronto publicaremos os incribles resultados!!!

jueves, 6 de mayo de 2021

MASCOTA RADIO RAPEIRA

Por fin temos mascota para a radio!!!

A verdade é que había moitos deseños moi chulos...     polo que demos varios premios e accésits: caixas de rotulas, chaveiros, vales regalo para gastar nas librarías da contorna, marcapáxinas, peluches...

A idea é pintala na parede da emisora cando estea insonorizada... a ver qué tal queda!

Estas son as fotos da mascota gañadora (debuxada por Daniela de 6ºA) e das outras 5 finalistas.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!

OBRADOIRO DE RADIO. PFPP RADIO NA BIBLIO II

Os profes tamén estamos a aprender o bo funcionamento da emisora da Radio rapeira.

Fixemos un Obradoiro de Radio dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado organizado polo CFR de Pontevedra con moi bos resultados.

Aquí podedes ver imaxes das sesións de gravación individuais (por mor da Covid) e da sala de informática onde aprendimos a manexar o prgrama de edición de son de software libre Audacity.



OBRADOIRO DA RADIO DA BIBLIO

Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO g...