viernes, 12 de marzo de 2021

INTRODUCING OUR SCHOOL

Os alumnos da Sección Bilingüe de Debuxo de 3º ESO prepararon coa profe Susana unha descripción en Inglés do noso cole.

Forma parte dun proxecto eTwinning sobre o Camiño de Santiago que estamos a coordinar e que se chama EUROPE IS THE WAY.

Nel participan connosco centros educativos de Italia e de Francia.

Fomos a grabala á nosa emisora e pronto colgaremos aquí o resultado do vídeo!

Mentres podedes escoitar o podcast:



jueves, 11 de marzo de 2021

CONCURSO MASCOTA DA RADIO

A RADIO RAPEIRA está na procura da súa mascota!

Para iso propuxemos un concurso no que poden participar todos os alumnos do cole...

Mercamos o equipo, montamos a emisora, puxémoslle nome, construímos a “peceira”, decoramos a sala... e agora precisamos unha mascota!!!

Fai a túa proposta:

1. Poderá participar quen queira!

2. Cada alumno poderá presentar 1 imaxe.

3. A técnica é libre : lapis, pinturas, ceras, rotuladores...

4. A data límite para entregala é o Venres 26 de Marzo.

5. Dalle o teu traballo ao teu titor/a!


Premios:

1º PREMIO: un vale de 50€ para a libraría O Xardín de Caldas e ver a túa mascota pintada na parede da emisora!

2º PREMIO: un vale de 30€ para a libraría O Xardín de Caldas.

3º PREMIO: un vale de 20€ para a libraría O Xardín de Caldas.


GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!

lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os rapaces de 4º de EP  coa súa profe Eva fixeron un simpatiquísimo podcast na Radio Rapeira para festexar este 8M!

PREME AQUÍ PARA ESCOITALO

Esperamos que vos encante!!!

OBRADOIRO DE RADIO

Este curso Charo Pita veu ao noso cole a facer un contacontos bilingüe moi divertido e a darnos un obradoiro sobre narración oral e teatro l...