Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio Rapeira.
Davinia Outón, a nosa PT e encargada do comedor, faloulles dos trastornos alimenticios na adolescencia e Carlos Castro, profe de Bioloxía, explicoulles canto contamina a industria téxtil e qué podemos facer para contrarrestalo!