Os alumnos de 1º e 2º ESO do Club de Lectura de Manga estiveron moitos recreos de comedor grabando podcast na Radio Rapeira.
Neles comparaban os mangas antigos cos novos, falaban de novidades, decidían cales mangas merecerían un anime e viceversa...
Os alumnos de 1º e 2º ESO do Club de Lectura de Manga estiveron moitos recreos de comedor grabando podcast na Radio Rapeira.
Neles comparaban os mangas antigos cos novos, falaban de novidades, decidían cales mangas merecerían un anime e viceversa...
Os alumnos de Reap de 2º ESO fixeron unhas grabacións na Radio Rapeira para festexar o Día da Poesía e o Día das letras Galegas.
A verdade é que teñen moita enerxía e pouca organización, pero a experiencia foi moi divertida e ata acabaron cantando!
Os alumnos de 1º ESO do Club de Lectura grabaron uns podcasts en Galego e Inglés na Radio Rapeira co gallo do Samaín.
En Galego contaron a historia dunha biblioteca abandonada e en inglés unha versión corta de obras de Edgard Allan Poe.
Este curso Charo Pita veu ao noso cole a facer un contacontos bilingüe moi divertido e a darnos un obradoiro sobre narración oral e teatro lido.
Os alumnos afortunados foron os de 5º de Primaria que o pasaron de medo na nosa biblio e aprenderon moitísimo!
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2024, o profe Anxo, de 6º de primaria, gravou cos alumnos un marabilloso podcast sobre Luisa Villalta no que se atreveron ata a tocar instrumentos musicais!
Lembrade que podedes escoitar toas as gravacións dende o botón "podcasts" (á dereita), na páxina web do cole e se nos segues en Ivoox!
Para colaborar na celebración da II Semana da Cultura do Pobo Xitano, gravamos unha entrevista a Aaron Gómez na que nos explicou detalles da súa cultura e, ademais, nos tocou a guitarra e nos cantau cancións de Camarón de la Isla... Moitísimas grazas Aaron!
Darío Ruel fixo a entrevista e Álex Mora manexou a mesa de mesturas, os 3 de 1º da ESO.
Para conmemorar o Día da Poesía 2024, gravamos un podcast no que un grupo de alumnos de 1ºESO falan do difícil que lles resulta ler Poesía e o pouco coñecemento que teñen sobre ela e os recursos que emprega, sen darse de conta de que son os mesmos das cancións que tanto lles gustan.