A UNESCO instaurou o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio. Nese día emisoras de todo o mundo elaboran unha programación especial para conmemoralo!
A radio segue en plena forma! quizais mellor que nunca... e iso que non deixaron de insistir en que tiña os días contados: coa invención da tele, coa creación dos vídeos musicais, coa invención de internet... Porén sempre está aí... pase o que pase!
Para unirnos á celebración, quixemos participar na proposta de PONTENASONDAS de contarlle ao mundo como é a nosa emisora.
Os alumnos de 2º co seu profe Johnny gravaron un pequeno podcast moi riquiño no que nos describen a nosa RADIO RAPEIRA .
Esperamos que vos guste!!!