miércoles, 10 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

A UNESCO instaurou o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio. Nese día emisoras de todo o mundo elaboran unha programación especial para conmemoralo!

A radio segue en plena forma! quizais mellor que nunca... e iso que non deixaron de insistir en que tiña os días contados: coa invención da tele, coa creación dos vídeos musicais, coa invención de internet... Porén sempre está aí... pase o que pase!

Para unirnos á celebración, quixemos participar na proposta de PONTENASONDAS de contarlle ao mundo como é a nosa emisora.

Os alumnos de 2º co seu profe Johnny gravaron un pequeno podcast moi riquiño no que nos describen a nosa RADIO RAPEIRA .

Esperamos que vos guste!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O PREZO de ESTAR á MODA (EsdeLibro)

  Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio...