martes, 6 de junio de 2023

OBRADOIRO DA RADIO DA BIBLIO


Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO grazas ao orzamento do progama "Radio na Biblio" da Asesoría de Bibliotecas.

Primeiro asistiron a unha charla introductoria na nosa biblioteca e despois foron á emisora a grabar os podcast preparados.

A verdade é que foi unha experiencia moi interesante e estamos desexando poñer en práctica todo o aprendido!!!






O PREZO de ESTAR á MODA (EsdeLibro)

  Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio...