Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO grazas ao orzamento do progama "Radio na Biblio" da Asesoría de Bibliotecas.
Primeiro asistiron a unha charla introductoria na nosa biblioteca e despois foron á emisora a grabar os podcast preparados.
A verdade é que foi unha experiencia moi interesante e estamos desexando poñer en práctica todo o aprendido!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario