domingo, 15 de junio de 2025

O PREZO de ESTAR á MODA (EsdeLibro)

 

Os alumnos do equipo de investigación de "O Prezo de Estar á Moda" de 2º ESO fixeron entrevistas a dous profesores na nosa Radio Rapeira.

Davinia Outón, a nosa PT e encargada do comedor, faloulles dos trastornos alimenticios na adolescencia e Carlos Castro, profe de Bioloxía, explicoulles canto contamina a industria téxtil e qué podemos facer para contrarrestalo! 

lunes, 5 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE RAP

 

 

Os alumnos de 3º ESO asistiron a un obradoiro de rap do máis creativo.

A partires dunhas verbas aleatorias aprenderon a compoñer as súas propias estrofas!

Cando estean preparados poderemos grabalos na Radio Rapeira! 

 

 

lunes, 28 de abril de 2025

CLUB de MANGA

 

Os alumnos de 1º e 2º ESO do Club de Lectura de Manga estiveron moitos recreos de comedor grabando podcast na Radio Rapeira.

Neles comparaban os mangas antigos cos novos, falaban de novidades, decidían cales mangas merecerían un anime e viceversa... 

viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

 

Os alumnos de Reap de 2º ESO fixeron unhas grabacións na Radio Rapeira para festexar o Día da Poesía e o Día das letras Galegas.

A verdade é que teñen moita enerxía e pouca organización, pero a experiencia foi moi divertida e ata acabaron cantando!

lunes, 28 de octubre de 2024

SAMAÍN 2024

 

Os alumnos de 1º ESO do Club de Lectura grabaron uns podcasts en Galego e Inglés na Radio Rapeira co gallo do Samaín.

En Galego contaron a historia dunha biblioteca abandonada e en inglés unha versión corta de obras de Edgard Allan Poe. 

lunes, 3 de junio de 2024

OBRADOIRO DE RADIO

Este curso Charo Pita veu ao noso cole a facer un contacontos bilingüe moi divertido e a darnos un obradoiro sobre narración oral e teatro lido.

Os alumnos afortunados foron os de 5º de Primaria que o pasaron de medo na nosa biblio e aprenderon moitísimo!






jueves, 16 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas 2024, o profe Anxo, de 6º de primaria, gravou cos alumnos un marabilloso podcast sobre Luisa Villalta no que se atreveron ata a tocar instrumentos musicais!

Lembrade que podedes escoitar toas as gravacións dende o botón "podcasts" (á dereita), na páxina web do cole e se nos segues en Ivoox!





lunes, 8 de abril de 2024

II SEMANA DA CULTURA XITANA

 

Para colaborar na celebración da II Semana da Cultura do Pobo Xitano, gravamos unha entrevista a Aaron Gómez na que nos explicou detalles da súa cultura e, ademais, nos tocou a guitarra e nos cantau cancións de Camarón de la Isla... Moitísimas grazas Aaron!

Darío Ruel fixo a entrevista e Álex Mora manexou a mesa de mesturas, os 3 de 1º da ESO.

miércoles, 20 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA




Para conmemorar o Día da Poesía 2024, gravamos un podcast no que un grupo de alumnos de 1ºESO falan do difícil que lles resulta ler Poesía e o pouco coñecemento que teñen sobre ela e os recursos que emprega, sen darse de conta de que son os mesmos das cancións que tanto lles gustan.



lunes, 15 de enero de 2024

CONTOS DE BABEL

Dende a Radio Rapeira participamos cun podcast moi interesante no proxecto internacional "Contos de Babel" un traballo de investigación multimedia e interdisciplinario sobre contos tradicionais europeos.

martes, 6 de junio de 2023

OBRADOIRO DA RADIO DA BIBLIO


Este curso contamos coa Rede Espora para facer un obradorio fantástico de iniciación á radio para os alumnos voluntarios de 1º e 2º da ESO grazas ao orzamento do progama "Radio na Biblio" da Asesoría de Bibliotecas.

Primeiro asistiron a unha charla introductoria na nosa biblioteca e despois foron á emisora a grabar os podcast preparados.

A verdade é que foi unha experiencia moi interesante e estamos desexando poñer en práctica todo o aprendido!!!






lunes, 22 de mayo de 2023

SEMANA DA CULTURA XITANA

 




Para unirnos á I Semana da Cultura Xitana grabamos un podcast do máis interesante chamado "Somos Refenetes".
Para máis información de toda a celebración visita as nosas redes sociais!!!

lunes, 20 de marzo de 2023

PODCASTS SOBRE EUROPA

 

NA PÁXINA WEB DO NOSO PROXECTO DE MOBILIDADE KA1 ERASMUS+ INSERIMOS OS PODCAST GRAVADOS RELACIONADOS CON EUROPA E OS NOSOS PROXECTOS EUROPEOS, ENTRE OS QUE DESTACA O COLOQUIO PLURILINGÜE.

jueves, 16 de marzo de 2023

ERASMUS+ NA RADIO RAPEIRA

Esta semana estamos sendo a escola de acollida dun grupo de oito profesoras do el Istituto Comprensivo Gassino Torinese de Turín (Italia).

É a primeira vez que recibimos colegas europeas e estamos a amosarlles o noso cole e a contorna de Portas.

Nunha destas sesións animáronse a colaborar na nosa Radio Escolar e a grabar un podcast sobre programas europeos!

lunes, 13 de febrero de 2023

DÍA MUNDIAL DE LA RADIO

 


POLO DÍA MUNDIAL DA RADIO 2023 OS ALUMNOS DE PRIMARIA VISITARON A NOSA EMISORA PARA GRAVAR UNS PODCASTS.
AQUÍ TEDES UNHAS IMAXES.
LEMBRADE VISITAR A NOSA CANLE DE IVOOX!!!